CURSO DE CATA DE VIÑOS GALEGOS
PRESENTACIÓN EN BARRO DE SERMOS O DIARIO GALEGO 🗞
Organizado por Barosa, será ás 20:30 hora no Centro Cívico e tomarán a palabra Pilar Allegue, profesora da Universidade de Vigo, e María Obelleiro, directora do semanario Sermos Galiza.
O DIARIO GALEGO defenderá os intereses galegos e estará escrito na lingua propia de Galiza. Será un medio de comunicación nacional, profesional e colaborativo que proporcionará información xeral.
CURSO DE COSTURA
A.C.BAROSA organiza un curso básico de costura impartido por Sofia Solla.
Sera os martes dende as 20:30 horas a 22:00 con un coste de 15€ mensuales.
Se estás interesada/o, mándanos unha email ou unha mensaxe ao Facebook e poremonos en contacto contigo para concretar días e horarios.
barosa.ac@gmail.com
FESTIVAL DE ENTROIDO 2018
CACHARELA DE SAN XOÁN 2017
ANDAINAS 2017
O MAGO DEIMI EN BARRO
Venta anticipada :
Bocateria Don Pincho.
Café_Bar A Lareira
Maxia e Humor:
Espectáculo de maxia moi variada con moito humor estilo a un monólogo..
Referencias:
Varias veces internacional (Suiza, Portugal, Francia e próximamente Inglaterra..) varios premios de Maxia, festivais de Maxia, festivais benéficos (Caritas, cruz vermella, aaeecc…).
FESTIVAL DE ENTROIDO
Festival de Entroido o día 4 de marzo no Pabillón Municipal coa final da Corrida do Galo e os bailes infantil e de adultos.
MAIS INFORMACIÓN EN :
IRIA COLLAZO PRESENTA O SEU SEGUNDO LIBRO “A SOIDADE DAS MEDUSAS”, EN BARRO.
Co nome de “A soidade das medusas”, a escritora que naceu en Barro, pero que leva no Morrazo dende os sete anos, Iria Collazo, presenta o seu libro de relatos encadeados , é a súa segunda obra publicada, que conta ademáis coas magnificas ilustracións de Luz Beloso.
A autora asinará o seu libro, unha oportunidade única para coñecela e levalo adicado.
No evento a escritora estará acompañada por Luz Beloso -ilustradora e profesora- e por Pichi Vicente pertencente á Editorial Galaxia.
A presentación está programada para o próximo sábado día 11 de marzo as 20.00 horas no Centro Cívico Alcalde Castor Castro, no lugar de San Antoniño, Barro, e a entrada será de balde.
Sinopse “A soidade das medusas”
Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos, unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento, unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital ou unha oficinista presa dos seus propios rituais e dun amor imposible? A resposta está nos relatos deste libro. A soidade das medusas, cheo de personaxes que transitan por un océano de encrucilladas onde, como dixo a filósofa María Zambrano, “todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existir endexamais”.
http://www.todostuslibros.com/libros/a-soidade-das-medusas_978-84-9151-019-2